Monday 13 de May de 2024

Benestar Social valora o labor solidario do Banco de Alimentos Rías Altas, que axuda a máis de 21.000 persoas


 

Os concelleiros Yoya Neira e Jesús Celemín participaron na presentación do concerto que ofrecerá a Orquestra Sinfónica deGalicia o 28 de novembro, no Pazo da Ópera, a favor da entidade

Os concelleiros de Benestar Social e de Cultura, Yoya Neira e Jesús Celemín, acudiron á presentación en Afundación do concerto solidario que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia o 28 de novembro, ás 20.30 horas, no Pazo da Ópera, a favor do Banco de Alimentos Rías Altas,
seguindo a liña de colaboración que ten a OSG coas entidades sociais da cidade.

A edila agradeceu a predisposición do seu xerente, Andrés Lacasa, e do director, José Trigueros, “para toda canta iniciativa se dirixa ao movemento asociativo da cidade” e destacou o labor de inclusión que realizan desde a orquestra con proxectos como ReSuena. Pola súa parte, Neira falou do papel do banco de alimentos, que reparte desde 2010 unha cantidade inxente de bens básicos para cubrir as necesidades das e dos coruñeses “nos momentos máis difíciles da crise,
da que aínda se notan os efectos”.

Para a concelleira, trátase dunha iniciativa que visibilizará o traballo da ONG e tamén a confirmación da unidade que existe para cooperar entre as institucións, “que nos permitirá achegarnos e concienciarnos dunha realidade que existe na Coruña. A presidenta de Banco de Alimentos, Conchi Rey, sinalou que na actualidade lles distribúen mercadorías a máis de 21.000 persoas e que o ano pasado sumaron 2.279.000 millóns de quilos de alimentos, “xa non só é o repartimento, senón todo o que custa manter esta infraestrutura que abrangue dous

almacéns na Coruña, un en Santiago de Compostela e un cuarto en Ferrol”. Por iso,

a responsable valorou colaboracións como a do concerto do 28, cuxa recadación irá

íntegra para a organización, “o que nos dá un sopro de vida total e absoluto”.

As entradas poderanse adquirir a través de ataquilla.com e nos dous locais de Casa
Claudio que ten Gadisa na cidade a un prezo entre os dez e os quince euros, en función de onde se sitúe a butaca.

Por outra parte, Trigueros explicou que escolleron para a ocasión un repertorio centrado en grandes bandas sonoras: “Este formato con clásicos é idóneo porque, ademais de ser boa música, é coñecida por todas e todos”. Engadiu que a cita dará a coñecer unha faceta da Sinfónica de Galicia como é a solidaria e que pasa por ofrecer actuacións en residencias da terceira idade, albergues ou colexios por parte tanto da formación ao completo como dos grupos de cámara, que se desprazan ás entidades para recadar fondos e darlles visibilidade.